O Traballo de Fin de Grao forma parte do plan de estudos do Grao en Fisioterapia cunha carga lectiva de 9 créditos ECTS
Debe ser un traballo orixinal, realizado de xeito persoal e autónomo polo alumnado, baixo titorización docente, e debe permitir amosar de xeito integrado a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título.
O TFG deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades:
- Capacidade para definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con algún ámbito de coñecemento do grao
- Capacidade para realizar o traballo proxectado
- Capacidade para presentar e defender o TFG
A titularidade dos dereitos da propiedade intelectual corresponderá ao/á estudante que o elaborou. Esta titularidade pode compartirse coa persoa titora.
Normativas do TFG
Documentación do TFG
Traballo Fin de Grao – Curso 2024/2025
Calendario de defensa do TFG
Prazos | Solicitude de defensa | Entrega do TFG | Defensa |
---|---|---|---|
1º prazo (outubro 2024) | 02/10/2024 – 09/10/2024 | 09/10/2024 | 25/10/2024 |
2º prazo (1º cuadrimestre) | 16/01/2025 – 23/01/2025 | 23/01/2025 | 07/02/2025 |
3º prazo (2º cuadrimestre) | 12/05/2025 – 19/05/2025 | 19/05/2025 | 18/06/2025 |
4º prazo (xullo 2025) | 20/06/2025 – 27/06/2025 | 27/06/2025 | 17/07/2025 |
Coordinación do Traballo Fin de Grao
Iria Da Cuña Carrera
+34 986 801 758
iriadc@uvigo.gal